Esta obra celebra o vixésimo quinto aniversario da Facultade de Veterinaria de Lugo en 2009, logo da súa reimplantación na universidade compostelá no curso 1984-1985. Nela recóllense diversas contribucións redactadas por autoras e autores de diferente orixe, políticos, académicos, estudantes, egresados, que proporcionan unha visión das achegas da Facultade de Veterinaria á universidade e á cidade de Lugo, dende variadas aproximacións: científica, histórica, académica, social, deportiva, etc.